Día Mundial de la Poesía
20 mar 2013
Unha primavera de poemas
Xa está aquí a primavera e vén cargada de poemas. MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
Nas seguintes presentacións podemos ver os traballos dos alumnos e alumnas do colexio.
Este traballo estámolo a facer dende as Bibliotecas Escolares dos colexios do Concello de Viveiro e outros Concellos da Mariña.
19 mar 2013
27 feb 2013
Preparando "Unha primavera de poemas"
Dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña, o igual que o curso pasado (“Lembrando o pasado”), propoñemos ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título:
“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS:
apadriña unha poesía”
Esta
actividade ten como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis
de literatura e moi importante na formación de hábitos lectores.
Por
iso enviámosvos este formato para que acompañedes aos vosos fillos na procura
dun autor, da súa obra e dun poema que lles guste. No mesmo terán que copiar a
poesía, facer unha pequena obra plástica a modo de ilustración do contido do
poema, inventar unha estrofa nova (si se desexa)… e por último cubrir os datos
que se indican.
Cando se remate o traballo entregarase ao titor ou titora tendo
como data tope o luns, 18 de marzo.
Cos
traballos faremos unha exposición no propio centro coincidindo coa chegada da
primavera e o Día da Poesía (21 de marzo) e durante o mes de maio, unha
exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)