O 21 de marzo ten doble celebración: Día das Árbores e Día da Poesía, por iso no colexio sempre relacionamos ámbalas dúas temáticas.
Durante a semana todos os cursos traballaron a poesía relacionada coa chegada da primavera, as árbores, plantas e natureza en xeral.
A continuación presentamos o Mural Colectivo realizado con poemas ilustrados:
O alumnado de 5º de Infantil traballou o poema "O cuco" de Manuel María e representáronno con figuriñas de plastilina. O produto final é o seguinte vídeo:
Programa de RADIO NA BIBLIO realizado por: Patrik (técnico de son), Andrés, Angel, Yeray e Sara.
Trataremos os seguintes contidos:
• Andrés contaranos as últimas noticias sobre Marte
• Angel o Día da árbore
• Yeray o Día da auga
• Sara do Día da Poesía e de como o celebramos no colexio
• Escoitaremos as seguintes cancións:
- A margarida branca, cantada polo alumnado de 6º de Infantil
- Verdes, verdes, cantada polo alumnado de de 2º de Primaria
- Árbores da fraga, cantada polo alumnado de primaria.
Deixamos tamén un enlace a unha recompilación sobre a temática da naturela na obra de Manuel María:
Este ano, ao igual que o curso pasado por mor da pandemia, non faremos celebración conxunta por iso fixemos unha lista de reprodución no noso canal de youtube en relación coas árbores, auga e poesía para recordar as anteriores celebracións.