31 oct 2018

Polo outono



"POEMAS PARA O OUTONO" coa recompilación dos poemas que fixeron as nenas e nenos nas súas casas.
VÍDEOS CONMEMORATIVOS dos poemas de Xoán Neira:
      • OUTONO
      • O MAGOSTO
      • O RATO DE BIBLIOTECA
    • ENTREVISTA AO POETA XOÁN NEIRA


    • RECITADO DE POEMAS DE XOÁN NEIRA (alumnado de 2º curso)

1 oct 2018

A POESÍA AO LONGO DO CURSO

Este curso elaboramos unha Páxina Especial para recoller todo o que realizaremos ao longo do curso sobre a poesía.

https://sites.google.com/site/bibliotecadinamizacionlingua/poeticas-diversas-na-biblioteca-escolar

POÉTICAS DIVERSAS

POÉTICAS DIVERSAS na biblioteca escolar

é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.
Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. 
Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas... 
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.