25 abr 2019

A POESÍA QUE SENTIMOS

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. 
Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas... 
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.   

PÁXINA ESPECIAL
(clica na imaxe)

https://sites.google.com/site/plamblaamarina/curso-2018-2019
 

7 abr 2019

Excelente actuación do alumnado de Celeiro no "Rosalía sempre viva"

https://www.facebook.com/fundacion.manuel.maria/?__tn__=kC-R&eid=ARBVU6uQvxI_u6TL3VXIafiLezpiUXqGb9_iZlNHNLaNCFjUf1SAdPBl4wd_dOSNnuoDNISlwHHDVUKv&hc_ref=ARQ_6fnqmiqXh8CvW9c8z0AIB_Aerw0GoGJC64b8XUf-zVpepozinK0A-NYiRXxcrws&fref=nf&__xts__%5B0%5D=68.ARD8-S6qUbp75_hJbYFU9TM9euDW86EKAxPnMsJ5HtHRatlgZ4AbgRMZryB-Xl6AS8ccyPQ35eZCAhVM7FY7i-3hXosi2BKFskGrcTEpHYpmCJlRL22SwNVgOrj_IsyoR8z_b9DiBiWvWCiXWKr-NKG_6my3TicSZHs7iwpZM3ZB7jOhlEBG26wkzzh1vUp-uTSLwmRHIJHgJgbWHKx9-blpk-4HJRuLaFWUbiOUX9FQ-X3l-GHGPpUT9kNgPf_55CZPKhTkR41rF7dZ1gGIWxc_upocy0O_I8TKJ-hs7KPLDGEFAn7N_Yp6gdZUWTyu1MgX2eJ3-CXnOksEyKmM0IYJoA
Na mañá do sábado 6 de abril, na Casa-Museo Manuel María, tivo lugar a final da V Convocatoria "Rosalía sempre viva".
Na mesma participaron as alumnas e alumno do noso colexio: Thaïs Palmeiro, Ana Rodríguez, Sara Asmerón e Hugo Rey, que o fixeron estupendamente e foron moi aplaudidos.
A súa intervención podémola ver no seguinte vídeo.




24 mar 2019

Celebramos o Día Mundial da Poesía

O xoves, 21 de marzo, foi un día moi especial!   Despois do recreo xuntámonos todos os cursos para celebrar o Día da Árbore, Auga e Poesía.


Durante a semana estivemos preparando esta celebración con diferentes actividades:
  • Aprendimos a canción Árbores da fraga 
  • Escollimos unha árbore do noso colexio para apadriñala 
  • Aprendimos un poema para recitalo no apadriñamento 
  • Realizamos murais e debuxos 
Na celebración fixemos:
  • Os nenos e nenas de 6º curso plantaron un ameneiro mentres os demáis cursos cantamos a canción "Árbores da fraga" 
  • Apadriñamos a árbore que cada curso escolleu e lles recitamos os poemas 
  • Rematamos a xornada facendo limpeza dos diferentes espazos exteriores do noso colexio: as plantas do parque infantil, o horto, a charca, o xardín zen e os patios interiores. 
  • Despois de todo o inverno había moito que limpar e agora na primavera poderemos disfrutar dun entorno limpo e coidado. 
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo da celebración.

 A continuación podemos escoitar os poemas que foron recitados nos apadriñamentos.

18 mar 2019

Exposición de libros e traballos poéticos

Xa estamos comezando a  preparar a celebración dos días da Poesía, Árbore e Auga, por iso no rincón das exposicións xa podemos atopar libros relacionados coas diferentes celebracións.


15 mar 2019

POESÍA MUSICADA E ILUSTRADA

O xoves, 21 de marzo, celebraremos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga, por iso nas aulas xa se están realizando moitas actividades.
Agora presentamos un vídeo que recolle dous poemas musicados:
  • "Verdes, Verdes" con debuxos feitos polo alumnado de 6º Infantil e cantado polo alumnado de 2º curso.
  • "TOC, TIC, TOC" con debuxos feitos polo alumnado de 5º Infantil e cantado polo alumnado de 6º de Infantil.

14 mar 2019

31 ene 2019

Polo Día da Paz




Recitado de poemas polo Paz na Bibliosoños