24 mar 2020

Vídeo conmemorativo

Xa temos o vídeo que realizamos con todos os traballos que se presentaron á proposta da BIBLIOSOÑOS:

IMOS SEGUIR TRABALLANDO... A BIBLIOSOÑOS PROPÓN...



Moitas gracias ás familias pola súa implicación. Temos que seguir traballando por iso animámosvos a que sigades as novas propostas que fará a BIBLIOSOÑOS

 

21 mar 2020

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2020


(Nestes días de quedar na casa pode ser unha boa ocasión para lembrar actividades que fixemos no colexio con motivo desta  e outras moitas celebracións)
http://marta-diapoesia.blogspot.com/


Hoxe, 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía 2020, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística. 
Durante a 30 reunión da UNESCO, en París en 1999, o organismo proclamou o 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía, a proposta do editor Antonio Pastor  Bustamante.
Ao principio propúxose o 23 de abril, pero como xa se celebraba nesa data o Día Mundial do Libro, decidiuse finalmente o 21 de marzo, coincidindo co  equinoccio de primavera no hemisferio Setentrional.
Este día busca promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión, e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.
A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar a forma na que usamos as palabras e o noso modo de percibir a realidade. Exprésase de maneira diferente e sutil e consegue comunicar cousas de maneira diferente.

Lembrade a proposta da BIBLIOSOÑOS:

IMOS SEGUIR TRABALLANDO... A BIBLIOSOÑOS PROPÓN...

Estamos a recibir moitos traballos ben bonitos. 

O luns 23, cos traballos recibidos, faremos un vídeo conmemorativo

Moito ánimo e feliz DÍA DA POESÍA!!!

17 mar 2020

Un poema para esta primavera

Dende a Bibliosoños facemos a seguinte proposta de traballo voluntario 
para o alumnado de Primaria.

Esta semana si houbese cole celebrariamos os días da ÁRBORE, AUGA E POESÍA.

Por iso vos propoñemos que:
  • procuredes ou inventedes un poema relacionado coa natureza, árbores, animais... (en galego, castelán ou inglés)
  • escribides o mesmo nun folio ou folla
  • facedes un debuxo ben bonito relacionado co texto e escribides o voso nome e curso
  • pedídeslle a mamá ou papá que lle faga unha foto ao voso traballo para que o envíe ao seguinte correo: bibliotecaceleiro@gmail.com
  • tedes de tempo ata o luns 23 de marzo
  • coas fotos recibidas faremos un vídeo para celebrar dende a distancia estas conmemoracións que tanto nos gustan.
Outra proposta:
  • podedes enviar un vídeo recitando ese poema elexido
  • ao mesmo correo e ata o luns 23 de marzo
 Nota: O traballo e envío do mesmo ten que estar supervisado pola vosa familia

http://pedrosalatas.blogspot.com/
Tamén vos invitamos a ler e ver o blog BIBLIOSOÑOS
O EQUIPO DA BIBLIOTECA.

28 feb 2020

A GRAN POETA ROSALÍA DE CASTRO

Presentamos uns murais presentados e complementados con poemas e cancións sobre Rosalía
  • MURAL  de Infantil
  • TRABALLOS de 1º e 2º de Primaria
  • MURAL de 3º e 4º de Primaria 

31 ene 2020

POEMAS PARA A PAZ

A convocatoria de POEMAS PARA A PAZ tivo moito éxito pois presentáronse moitos traballos.
O alumnado de 1º e 2º curso fixeron unha lectura conxunta de dous poemas moi coñecidos:
  • Con só tres letras... de Gloria Fuertes
  • Como un irmán che falo... de Celso Emilio Ferreiro
Os demáis cursos de Primaria elixiron diversos poemas e tamén crearon os seus propios poemas e ata un Rap.

No seguinte vídeo podemos ver o ben que o fixeron: